É innegábel —nun marco sistémico de desatención oficial da Historia da Galiza e das súas moi diversas manifestacións— que a ignorancia, a manipulación e o desprezo sobre todo o que representa Castelao se teñen conformado como unha tríade perversa que impide o coñecemento real e efectivo da súa figura e da súa obra, de valor incuestionábel e moi representativas do mellor que deu a Galiza na política, na arte e na literatura nunha etapa tan crucial da nosa historia como foi a primeira metade do século XX.
De aí a importancia deste libro colectivo, que ten como finalidade guiarnos polo camiño do coñecemento sobre o que Castelao é e sobre o que Castelao foi, tomando como punto de partida o que el mesmo deixou por escrito no seu Sempre en Galiza, a nosa fonte principal e directa de coñecemento para tales efectos. E facemos este camiño da man sabia e xenerosa de persoas cuxas colaboracións teñen en común servir, con eficacia, a desfacer a tríade perversa e a revelar o potencial do exemplo e do pensamento de Castelao para reforzar no presente a dignidade colectiva do pobo galego e para construír a Galiza libre do futuro.
Presentación dun libro ad cautelam: (O que Castelao é, o que Castelao foi)
págs. 9-14
págs. 15-30
págs. 31-56
págs. 57-80
págs. 81-102
págs. 103-122
Castelao: Liberdade e nación contra as inxustizas
págs. 123-142
págs. 143-160
Castelao: "Falemos da emigración galega xa que me sinto emigrante"
págs. 161-176
págs. 177-202
págs. 203-226
Galiza e Portugal: unha irmandade histórica
págs. 227-248
págs. 249-268
págs. 269-296
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados