Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Sonenses en América e «Americanos» en Porto do Son: Séculos XIX e XX

Imagen de portada del libro Sonenses en América e «Americanos» en Porto do Son

Información General

Resumen

  • Este libro que o público leitor ten nas súas mans é, de atermos ao modesto título, unha historia da emigración dos e das sonenses nas Américas e noutras latitudes, cun acento especial na época da emigración transoceánica masiva (1850–1930), mais tamén cunha ollada atenta ás migracións da posguerra europea (1946 en diante), e sen deixar de considerar os seus efectos e pegadas na actualidade. No entanto, o libro que José M. Vázquez Lijó e Raúl Soutelo Vázquez nos ofrecen é moito máis que unha historia local ou comarcal. De entrada, os autores xogan de maneira flexíbel e ás veces creativa coa demarcación xeográfica que estudan: poderíase concluír que en realidade estudan as migracións barbanzás nas Américas, aínda que cunha énfase especial no concello de Porto do Son, ao que ambos os dous están ligados. Fan unha historia total do feito migratorio, entendéndoo como un momento á maneira do sociólogo norteamericano Robert Merton: cando a xente se despraza e establece vencellos dende a distancia é cando mellor podemos enxergar, como observadores, as mudanzas sociais de maneira diacrónica.

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno