«A poesía é a raíz do universo», escríbeme Pexegueiro no meu exemplar deste O exilio de nacer, subtitulado «pensamento e linguaxe na escrita de Alfonso Pexegueiro» e, sen dúbida, tras ler este libro un sae máis convencido de que esa concepción é a que domina a totalidade da súa obra creativa, xunto coa idea de exilio como escisión, ruptura e, dalgún xeito, conflito: elementos recorrentes na súa estética.
Este é, así pois, o primeiro volume que aborda, con espírito crítico e criterios rigorosos, distintas dimensións da obra literaria de Alfonso Pexegueiro (narrativa, poesía e textos dramáticos) e como estes xéneros se adaptan á formulación do seu pensamento. Teño a convicción que esta compilación de estudos ha ser a primeira doutras moitas que virán pois contar coa obra de Pexegueiro supón o enriquecemento dun patrimonio dificilmente cuantificable para a poesía galega do ano 1975 a hoxe. Precisamente, a publicación do seu Seraogna no ano sinalado abre as portas a un inequívoco cambio de rumbo da poesía galega, esgotada en modelos reiterativos e en tempos de certa redefinición identitaria, ao que tamén contribúen títulos de X. L. Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias) e de Arcadio López Casanova (Mesteres) xunto con —e gustaríame subliñalo especialmente porque case sempre se omite— boa parte de Onde o mundo se chama Celanova de Celso Emilio Ferreiro.
Un libro este sobre a obra de Pexegueiro, que verte luz ao tempo sobre a súa presenza no colectivo Rompente e que é unha oportunidade para entendermos tanto a dimensión política e existencial da súa obra como a definición do suxeito poético nas súas obras e os seus condicionantes. Dun ou doutro xeito, e falando de omisións, é este un libro que nalgunha medida vén reparar un silencio, ocultación ou marxinación que a súa obra sufriu e sofre desde hai anos, coma se o houbese un malditismo perenne que rodease a súa obra e que nunca se dá superado. É ben posible que este libro, de autoría colectiva, sexa un necesario primeiro chanzo para avanzar cara ao xusto recoñecemento dunha obra rica e poliédrica, coherente e sólida, ao tempo que indiscutiblemente vizosa, dotada dunha vocación de permanencia que a fai insubstituíble.
SOMOS LA JUVENTUD RECHAZADA: Pexegueiro e o sentido real do underground
págs. 13-31
Ao César o que é do César e a Pexegueiro o que é de Pexegueiro: a verdadeira orixe de Rompente e da renovación poética da Transición
págs. 33-103
Un pensamento do que debería ter sido: aproximación á filosofía de Alfonso Pexegueiro
págs. 105-121
págs. 123-134
Seraogna: aldea, paisaxe, exilio
págs. 135-148
A poética de Alfonso Pexegueiro: unha foula navegando entre Rianxo e o Val do Tea
págs. 149-169
A infancia en Desatinos dun maldito e Dados Blancos: aprendices de medo envoltos en loucura e violencia
págs. 171-189
págs. 191-207
"O lago das garzas azuis": unha nova concepción da literatura infanto-xuvenil
págs. 209-232
págs. 233-246
Hibridación e performatividade en A illa das mulleres loucas: un exemplo de Gesamtkunstwerk
págs. 247-269
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados