Ata que os mares sequen" é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías… ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro. Nesta viaxe -entre megálitos, penínsulas remotas e cidades que semellan lembradas- descubrimos que o recoñecemento do propio no distante non é casual. Porque, dalgún xeito, Escocia tamén está dentro de nós.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados