O histórico barrio de Conxo, ao sur da cidade, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da clase traballadora, dende o Banquete democrático de 1856 ata os movementos obreiros de 1898, pasando pola creación e mantemento da súa Sociedade Benéfica. Ademais, o Conxo histórico das oito parroquias mantén un valiosísimo patrimonio, con tesouros únicos: a memoria milenaria do seu petróglifo e castro, o románico do seu antigo mosteiro, o barroco da actual igrexa parroquial, ou a fortaleza da Rocha, símbolo das loitas dos irmandiños contra os señores feudais. De todo isto, e tamén da vida cotiá no concello, do seu asociacionismo, e do papel das mulleres, trata este valioso volume. Participan dez especialistas con novos traballos de investigación, historiadores e historiadoras que levan a cabo unha reconstrución honesta e documentada dos noventa anos nos que Conxo foi independente. O obxectivo, como afirma o seu coordinador, Rafael García Ferreira, é transmitir os feitos con fidelidade e lectura crítica do pasado. A obra inclúe a publicación de 50 fotografías e documentación histórica, unha parte dela moi descoñecida.
págs. 13-26
págs. 27-40
págs. 41-61
págs. 63-81
O latexo do corazón de Conxo: historia dun Hospital Psiquiátrico
págs. 83-98
págs. 99-120
Aquelas mulleres do concello de Conxo: algúns apuntamentos
págs. 121-127
págs. 129-144
págs. 145-165
Un estoupido en Cornes: o movemento obreiro na folga das obras da Universidade en 1898
págs. 167-182
1925-2025: da anexión, ao barrio da identidade
págs. 183-195
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados