Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O xénero detrás da cámara: identidades e narrativas na fotografía galega contemporánea

Imagen de portada del libro O xénero detrás da cámara

Información General

Resumen

  • A fotografía, como medio, sempre se prestou ao cuestionamento dos límites entre o público e o privado, ás exploracións que, desde o íntimo, acadan unha dimensión pública e política. Este novo libro, O xénero detrás da cámara. Identidades e narrativas na fotografía galega contemporánea (Alvarellos Editora) é unha obra colectiva impulsada polo grupo de investigación IDEAHS da Universidade de Santiago e coordinada por Jennifer Novoa e Miguel Anxo Rodríguez, historiadores da arte. Nela preténdese ampliar os relatos sobre fotografía en Galicia asumindo unhas coordenadas hoxe moi presentes na análise da arte e a cultura visual. Presentamos unha historia plural e inclusiva da fotografía en Galicia a partir de textos que valoran as voces múltiples e que reivindican a importancia do xénero como categoría de análise. Esta investigación colectiva reúne as voces de oito fotógrafas e investigadoras que asumen o cuestionamento e a necesidade de ampliación do canon existente. Así mesmo, a presente publicación quere render homenaxe a Anna Turbau, cuxa derradeira entrevista aparece aquí recollida

Otros catálogos

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno