Monográfico que contén un conxunto de estudos cuxa vontade é a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en día o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as súas temáticas tocan de preto e implícanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. É por este motivo polo que achegamos unha parte didáctica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira lúdica e alternativa algunhas das súas obras; como tamén unha outra de carácter máis formal e científico e un texto literario que relé a obra máis sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fío condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade política e transformadora da palabra de Reimóndez. O presente volume, en resumo, non é un monográfico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimóndez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista.
págs. 11-25
O Caderno de bitácora (2004): viaxes polo espazo propio
págs. 27-34
págs. 35-48
De árbores, raíces e terra: En vías de extinción (2012) e a poética da materia terrestre
págs. 49-62
A alteridade das pequenas cousas: dende o íntimo ao espazo público (e político)
págs. 63-75
Da conciencia metalingüística á conciencia da outridade: aproveitamento didáctico do poemario Presente continuo (2013)
págs. 77-87
Calcetando contra a fábrica: impresións das calcetadoras despois do club
págs. 89-104
Contra as olladas superficiais: Usha ou un exemplo de lix comprometida
págs. 105-121
Novos imaxinarios en María Reimóndez: o ciclo dos elementos
págs. 123-138
A coherencia nos tempos da crise: A alternativa está aquí (2014) de María Reimóndez
págs. 139-159
págs. 161-171
págs. 175-196
págs. 197-206
págs. 207-215
Guerra, medios e mulleres: unha proposta para traballar na aula a través da obra Dende o conflito (2014)
págs. 217-223
Corredora (2017): o desafío é a resistencia. Unha (posíbel) guía de lectura para o seu (necesario) traballo nas aulas
págs. 225-232
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados