O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, Asunción e Prudencia Garrido Ameixenda e mais Manuela Lema, de Malpica, e Xosefa Eva Castiñeira, de Muxía. Mulleres labregas que personalizan unha homenaxe a todas as informantes, cantareiras e pandeireteiras que souberon gardar o legado poético e musical dos seus antepasados e transmitírllelo ós colectores e colectoras e tamén ás novas xeracións. Elas e eles foron case sempre informantes anónimos de todos aqueles que se dedicaron á recolleita deste tesouro musical e literario que xa Rosalía de Castro revalorizara con Cantares gallegos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados