Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


15-M: o pobo indignado : unha mirada calidoscópica dende Galiza

Imagen de portada del libro 15-M

Información General

Resumen

  • Nestes momentos de crise social, económica e política, provocada polo incremento das desigualdades sociais, o pobo, desmobilizado, desorganizado, desmoralizado..., botouse á rúa para expresar a súa indignación pola carestía da vida, pola precariedade laboral, polo desemprego, pola corrupción política..., en definitiva, pola degradación dos nosos dereitos sociais, políticos e económicos: polo secuestro da Democracia e fronte á crise do sistema. Estamos, daquela, ante unha manifestación inédita das clases populares, en tanto que explorada por primeira vez neste mes de maio.

    Fronte a esta nova realidade, Edicións Laiovento non podía permanecer indiferente. Velaí a razón deste libro que tes nas túas mans: 15M: o pobo indignado, que pretende analizar a realidade do movemento 15-M dende unha óptica plural, procurando ofrecer unha visión calidoscópica do movemento que englobe a mirada analítica dun amplo grupo de persoas, procedentes de diversos campos científicos: a política, a economía, a historia, a filosofía, a socioloxía..., xunto coa mirada comprometida d@ activista e a mirada creativa d@ artista,

Otros catálogos

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno