Ha sido reseñado en:
Cadernos de lingua, ISSN 1130-5924, Nº. 23, 2001, págs. 117-123
Grial: revista galega de cultura, ISSN 0017-4181, Nº. 149, 2001, págs. 123-125
Os falantes como lingüistas analiza os distintos modelos coexistentes e a súa formación, os procesos de converxencia e diverxencia existentes na sociedade galega actual xunto coa tensión presente entre castelanización e tradicións propias, poñendo en correlación a base dun corpus de entrevista os datos biográficos, a fala e os xuízos metalingüísticos dunha serie de persoas: locutores de radio e televisión galegas, profesores de galego e estudiantes de Filoloxía Galega; todos eles procedentes de variados estratos sociais e lingüísticos, desde grupos altamente castelanizados ata grupos practicamente monolingües en galego.
Para Xosé Luís Regueira, profesor da Universidade de Santiago, esta traducción do li-bro do profesor alemán Johannes Kabatek, é unha fonte riquísima de suxestións e propostas (ás veces explícitas) de novos estudios, de novas posibilidades de afondar no coñecemento do funcionamento real e actual da lingua galega na sociedade. Agora o que resulta urxente é seguir eses vieiros, porque coñece-la situación da lingua na sociedade é un paso indispensable para podermos actuar máis eficazmente na súa defensa. De aí a importancia que Xerais decidise publicar esta traducción, facendo posible que saíse do círculo de especialistas que coñecen a lingua alemana e que chegue non soamente ós sociolingüistas, senón a tódolos interesados na recuperación da lingua galega como lingua habitual nos intercambios da sociedade urbana moderna en que vivimos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados