Materiais Seoane evidencia a traxectoria e influencia do artista Luis Seoane respecto á escena española e porteña. Esta exhibición é o resultado da colaboración entre o Museo Larreta e o Consello da Cultura Galega e presenta obras pertencentes a institucións galegas e arxentinas, así como tamén a coleccións privadas. Os nós narrativos da exposición comprenden distintos puntos dentro da vida do artista como a súa influencia dentro da arte moderno galego e as vangardas dos anos vinte e trinta en Europa; a relación co humanismo, a posguerra e o desenvolvemento dunha nova iconografía nos anos corenta; o uso do gravado e o muralismo como técnicas populares en diálogo coa arte moderna en Buenos Aires e a renovación do deseño industrial galego a través dalgunhas das súas pezas de cerámica máis emblemáticas. O título da exposición fai referencia á exploración constante das distintas materialidades que o artista aborda e a relación xeográfica de emigrantes ou exiliados que a través das súas obras deixan plasmada o seu singular sinal -- Catálogo da RBPG
Apuntes para una exposición sobre Seoane: entre Galicia y Argentina
págs. 18-23
págs. 24-48
págs. 50-79
Errancia y disidencia en una remediación sin fin: los vagabundos de Seoane
págs. 80-104
El circuito expandido: Seoane en el mercado del arte
págs. 106-135
págs. 142-164
págs. 166-193
págs. 194-214
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados