Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Informe prostitución en Lugo [gallego]

Imagen de portada del libro Informe prostitución en Lugo [gallego]

Información General

Resumen

  • O presente informe de investigación sobre a Prostitución feminina en Lugo e áreas limítrofes responde o interese por parte do Concello de Lugo de coñecer unha realidade social e persoal das mulleres en prostitución nunha zona delimitada, na procura dun diagnóstico de necesidades e de características socio-demográficas que, dalgún xeito, axuden a deseñar formulacións integrais e estratéxicas de intervención social dirixidos cara a este colectivo. Por iso, aínda que se pretende dotar ao informe dun marco teórico referencial que contextualice o fenómeno, a exposición centrarase principalmente no desenvolvido no traballo de campo e de toda a información alcanzada nel. Participaron 83 mulleres que exercían a prostitución no momento da investigación, outros 6 axentes externos pero vinculados ao fenómeno e un dono dun club da zona. A disposición dos recursos cos que conta a asociación Alecrín na atención que ofrece ás mulleres en prostitución, o Centro de Día en Vigo e, sobre todo, a Unidade Móbil coa que acudimos aos espazos prostitucionais de forma habitual foron, sen dúbida, uns instrumentos de traballo "privilexiados" para achegarnos ás mulleres en exercicio e "compartir" as impresións e vivencias que nos foron transmitidas. O presente informe foi realizado entre maio e setembro do ano 2006 e a área abarcada foi o concello de lugo e os seus arredores (é dicir; os concellos de: Castro de Rei, Castoverde, O Corgo, Guntín, Friol, Outeiro de Rei e Rábade).

Otros catálogos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno