Ha sido reseñado en:
Arbor Aldea, Mariña; Larson, Pär (eds.). 2023. Bertil Maler: El subdialecto gallego de Mondoñedo. Monografía 14 da Revista Galega de Filoloxía, A Coruña: Universidade da Coruña [213 pp.]. ISBN: 978-84-9749-879-1.
Verba: Anuario galego de filoloxia, ISSN 0210-377X, Nº. 52, 2025
Os estudos de lingüística galega en Suecia son, sen ningún tipo de dúbida, inexistentes. De feito, no momento en que, ao comezo do fatídico ano de 1936 o romanista de Estocolo Bertil Maler (1910-1980) recibiu a través do seu mestre Erik Staaff a proposta de Don Ramón Menéndez Pidal de dedicar a súa tese de doutoramento ás falas de Galiza, e máis tarde, por parte de Tomás Navarro Tomás, o consello de centrarse principalmente na variedade de Mondoñedo, non había ningunha outra meta que puidese parecer máis exótica. Este libro contén unha meticulosa edición comentada do resumo que do seu traballo fixo o propio Maler, preparada por Mariña Arbor Aldea, e un capítulo bio-bibliográfico redactado tamén por un romanista sueco, Pär Larson.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados