Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O saber do pobo: enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais

Imagen de portada del libro O saber do pobo

Información General

  • Autores: Calixto Albán Laxe
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2003
  • Año de publicación: 2003
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-235-4
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonio inmaterial, o do vizoso repertorio dos bailes e música tradicionais de Galicia e dalgúns elementos etnográficos relacionados con eles, como a roupa e os adornos indumentarios, os instrumentos musicais ou as celebracións e as actividades colectivas que ofrecían escenario para cantos e danzas. Un coidado volume enciclopédico que recompila e actualiza, por vez primeira, toda a información dispoñible sobre o traxe tradicional galego, os seus tecidos, agremáns e as súas diferencias territoriais. Un estudio novidoso sobre os bailes (muiñeira, xota, fandango, zapateado, seguidilla), as danzas (gremiais, pagás, relixiosas), o cancioneiro e as reunións festivas (fiadeiros, seráns, malla, vesadas, muiñadas…) propios da cultural tradicional galega. Unha descrición detallada dos instrumentos do folclore galego (percutivos, de fricción e vento), que se completa co primeiro vocabulario específico sobre o noso floclore.

    A cantidade de fontes citadas ou consultadas e a profusión de información textual e gráfica que contén este libro singular no noso eido editorial non empecen a amenidade e transparencia das súas páxinas, que non son obra dun floclorista de academia, senón dun artista, Calixto Albán Laxe, que vive con paixón o baile tradicional de Galicia e ensina os seus segredos nas colonias galegas espalladas polo mundo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno