Badajoz, España
The article analyses from a systemic perspective Xavier Queipo’s poetic production during the 1990s, as a corpus that focused particularly on the Artic and the North Atlantic spaces as its geographical and cultural framework. First, the article will examine some paratextual aspects of this production, with the aim of showing its dynamic origins. Secondly, the study will chart a genealogy of Queipo’s poetry during this period, through a reading of both its literary techniques and possible influences. Finally, this article will examine the ambiguous relation between Queipo’s poetry and the rational or scientific element. For these purposes, the figure of Padre Feijoo will be brought to the fore, as providing an important hypotext – in Genettian terms – for Queipo’s poetry.
O artigo analiza a produción do escritor galego Xavier Queipo durante os anos 90 do século XX (especificamente centrada no Ártico e o Atlántico Norte como marcos xeográficos e culturais) en relación con algunhas consideracións sistémicas relacionadas cos aspectos temáticos e xenéricos das obras analizadas. Como paso previo, o artigo examina certos aspectos peritextuais das obras, coa fin de dar unha idea da súa dinámica xestación. En segundo lugar, o artigo detense en consideracións xenealóxicas, entendendo a xenealoxía na súa índole dobre, relativa tanto ao xénero textual e ás súas convencións ou estratexias coma ás posibles fontes literarias das obras que se examinan. A continuación, será o momento de pescudar nos mecanismos xeradores da ficción e nas ambiguas relacións que estes manteñen coa experiencia racional e mesmo científica. Para iso, será especialmente útil a figura do Padre Feijoo, autor dalgúns dos hipotextos máis importantes das obras de Queipo aquí analizadas.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados