En 1985 María Inmaculada António Souto publicaba na colección Cadernos da Escola Dramática Galega, Historia do silencio. A pouco de que teñan pasado 40 anos dese fito, non son moitos os traballos que se ocupen da análise sistemática da súa escrita dramática. Con este artigo propoñemos un estudo inicial e panorámico da mesma, asentado nunha revisión de literatura pertinente e na descrición dos textos ata agora publicados, que situamos no seu contexto. Como resultado destacamos os trazos máis substantivos da súa obra e as súas achegas no eido da literatura dramática galega.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados