Aínda necesitamos o circo, o de verdade e non ese que adquiriu connotacións pexorativas na roda mediática ou na política. O verdadeiro circo de sempre que, canto máis nos sorprende e fascina, máis nos gusta. Para iso as artes circenses tamén tiveron que evolucionar e deixar atrás, por exemplo, o “especismo” e o maltrato animal, na figura dos domadores. Refírome ao circo de carpa ambulante, ao de pista circular, cos seus números circenses actualizados. Se non me equivoco, é o primeiro circo de carpa en galego. Para iso aproveitou a xenial colleita de artistas circenses galegos, moitos deles formados fóra e outros aquí, en Pista Catro Produtora de Soños e até na ESAD de Galiza, onde hai a especialidade de Interpretación en teatro físico ou xestual, moi próxima das disciplinas do circo.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados