Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O aforro e a conducta de aforro: unha aproximación psicosocial

  • Autores: Mar Iglesias Criado
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 15, 1994 (Ejemplar dedicado a: Racismo e xenofobia), págs. 37-45
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O estudio do aforro incardínase en dúas liñas de investigación marcadamente definidas. Unha primeira é a formada polos economistas tradicionais (Keynes, 1936; Duesenberry, 1949; Friedman, 1957 e Modigliani, 1975). Pola súa parte, outra liña de investigación é a que dá lugar ó nacemento da Psicoloxía Económica e que se desenvolve no seo da Universidade de Michigan (Mueller, 1962, 1964; Katona, 1949, 1951, 1975). A pesar de que ámbalas dúas aproximacións evolucionaron como se de meros “compartimentos estancos” se tratase, unha serie de autores (Van Raaij, 1986, 1989; Wärneryd, 1989) entenden que xa é tempo de falar de “integración”. A este respecto, Olander e Seipel (1970), tras unha revisión teórica desta investigación, conclúen que as investigacións interesadas na investigación do aforro deberían asentarse na teoría da decisión como marco teórico e nos estudios S-O-R como paradigma experimental xa que estes posibilitan a integración dos achados económicos e psicoeconómicos.

      Neste contexto, este estudio presenta como propósito teórico un intento de integración de teorías económicas e psicoeconómicas sobre o aforro; pola súa parte, o propósito experimental é a determinación do papel que os motivos, propensión ó riso, actitudes, grupo de referencia, idade, sexo e ingresos desempeñan na explicación e predición do aforro; variables que se instauraron como preponderantes no ámbito deste proceso económico ó longo de toda a investigación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno