Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Redefinición da síntese experimental do comportamento: [Encabezado: Redefinición da S.E.C.]

  • Autores: Andrés Manuel Pérez Acosta, Herbert T. Baquero, Jairo A. Rozo Castillo
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 25, 1999 (Ejemplar dedicado a: A rehabilitación), págs. 67-74
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A síntese experimental do comportamento (S.E.C.: Ardilla, 1988,1997) foi presentada polo seu autor como o “paradigma unificador” da psicoloxía, baseado na análise experimental do comportamento, e integrador de aportacións notables doutros sistemas dominantes da psicoloxía actual. Susténtase a inconveniencia de defini-la S.E.C. como paradigma xa que: 1. O termo paradigma presenta diversos problemas conceptuais: 2. A S.E.C. non pertence aínda a unha ciencia completamente recoñecida (“ciencia dura” como a física) senón a unha ciencia en formación cunha constante crise de desunión epistemolóxica; 3. A S.E.C. aínda non tivo o impacto histórico e social que requiren os paradigmas no sentido kuhniano do termo; é hoxe unha proposta para o futuro da psicoloxía. Proponse unha redefinición da S.E.C. como unha estructura conceptual conductista de terceira xeración, contemporánea doutras propostas filosóficas como o conductismo psicolóxico, o conductismo teórico e o interconductismo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno