Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Calidade de vida e benestar psicosocial: Un binomio indisocialbe

  • Autores: Gonzalo Musitu Ochoa, Juan Herrero, Ángel Fernández González
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 27, 2000 (Ejemplar dedicado a: Calidade de vida), págs. 28-44
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Neste artigo considérase que calidade de vida e benestar psicosocial constitúen un binomio indisociable e, polo tanto, complementario. A preocupación dos seres humanos pola calidade de vida remóntase ós albores da humanidade, aínda que o seu estudio e sistematización é relativamente recente.

      Partimos do suposto de que o concepto de calidade de vida abrangue un campo máis amplo có de benestar psicosocial, posto que inclúe indicadores económicos micro e macroestructurais, recursos institucionais e sociais -e a capacidade da poboación para acceder a eles-, políticas sociais e de benestar social e económico, etc...

      O concepto de benestar psicosocial, alude a unha parcela do amplo campo que abrangue o concepto de calidade de vida, parcela que, ó noso xuízo, é esencial. É un xuízo subxectivo do grao en que se acadou a felicidade ligado a indicadores obxectivos de tipo biolóxico, psicolóxico e social. A partir destas ideas faixe unha análise deste concepto seguindo o modelo de Lin e Ensel, un dos máis potentes na literatura científica para explica-los compoñentes psicosociais do concepto de benestar psicosocial.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno