Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A mundialización, en plural

  • Autores: Margarita Ledo Andión
  • Localización: Revista Latina de Comunicación Social, ISSN-e 1138-5820, Nº. 30, 2000
  • Idioma: español
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • É común pensarmos que producir contidos poderá darse co soporte das políticas públicas, pero non parez tan doado asegurar que dese mesmo xeito se constrúa un público. A maior abondamento, o feito de producir contidos sen construirmos un público torna inútil o primeiro dos obxectivos por canto o estranará das relacións sociais de comunicación. Construir un público en enxergando, por exemplo, mecanismos de distribución e de exhibición, construilo dende o interés público, dende o acceso ao que en curto poderíamos chamar representacións do real dende orixes e dende actores diversos, significa entender La culture ao pluriel, e pegar no xiro lingüístico co que nos agasallou o Michel de Certeau. Significa observar os procesos en vencello co seu tempo, aínda que ese tempo sexa o do neo-liberalismo, o das súas medidas legais transnacionais e o do interés privado como valor supremo do que se nos apresentou, de inicio como "Autopista", arestora como "Sociedade da Información".


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno