Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Hipocondría e organización relacional paranoide

  • Autores: Jorge Luis Tizón García
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 28, 2001 (Ejemplar dedicado a: Estados hipocondríacos), págs. 59-79
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Existen diversas perspectivas da psico(pato)loxía psicanalítica especial: o autor, neste traballo, maniféstase partidario dunha psico(pato)loxía psicanalítica especial baseada na delimitación de diversas organizacións, patróns ou estructuras de relación (de obxecto) específicas.

      A aplicación desta perspectiva, no caso do trastorno hipocondríaco, proporciónanos polo menos dous rendementos básicos: 1) Unha orientación con respecto ós diversos submodelos psicanalíticos para a hipocondría. 2) Unha diferenciación entre hipocondría ou trastorno hipocondríaco (equiparable ó concepto propio do DSM-IV, por exemplo) e os estados hipocondríacos. Esta diferenciación pode ter importantes repercusións na clínica e na comprensión e investigación da hipocondría.

      Enuméranse os trazos fundamentais dun modelo psicanalítico actualizado para o trastorno hipocondríaco apoiándose nos seguintes submodelos ou compoñentes: 1) O submodelo freudiano. 2) O postkleiniano a partir de H. Rosenfeld. 3) O da hipocondría como relación sado-masoquista co self corporal. 4) O da hipocondría desde a perspectiva da "teoría da mente" (cognitivo-psicanalítica) e a teoría dos códigos múltiples da emoción. 5) O submodelo da hipocondría como unha variedade da organización relacional paranoide.

      Tendo en conta eses submodelos, e en particular o da hipocondría como manifestación da organización relacional paranoide, ilústrase a súa descrición con descricións dos diversos apartados que debería incluír calquera descrición de calquera organización psicopatolóxica. Neste caso, trataríase dunha variedade do patrón relacional paranoide na cal o corpo (o self corporal) é o perseguidor -representante da persecución por un outro (o obxecto)-. Esa vivencia persecutoria non chega ó nivel do delirio ou desilusión somática estrictamente psicótica, entre outras razóns porque a base da súa dinámica e da súa estructuración é a defensa contra a ruptura psicótica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno