Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Atención ao paciente migrante

    1. [1] Centro de Saúde A Estrada, Pontevedra
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 29, Nº. 1, 2023, págs. 168-174
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Attention to the migrant patient
  • Enlaces
  • Resumen
    • A consulta do paciente migrante supón un reto para os profesionais de Atención Primaria. A comorbilidade social, o dó migratorio, as patoloxías pouco frecuentes no noso medio ou as barreiras idiomáticas son algunhas das dificultades ás que nos enfrontamos nestas consultas. Ademais, en ocasións descoñecemos se o paciente ten dereito a asistencia sanitaria, e no caso de tela, se é gratuíta.

      Con este artigo pretendemos dar resposta a algunhas das preguntas que máis frecuentemente nos formulamos á hora de atender a un paciente migrante. Por outro lado, queremos tamén reivindicar a necesidade de atender a persoa tendo en conta o seu contexto social e familiar, así como realizar unha atención culturalmente apropiada, tentando ver máis aló da patoloxía orgánica. Deste xeito, poderemos diagnosticar, previr e tratar enfermidades de xeito máis eficaz, e realizar unha atención de calidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno