Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Programación didáctica adaptábel do ensino das ciencias en secundaria para perfís de alumnado con TDAH, TEA e dislexia

Juan Sabín

  • A atención á diversidade no ensino das ciencias na educación secundaria require dunha adaptación sistematizada da programación didáctica aos perfís de alumnado con necesidades especiais de apoio educativo (ACNEAE). Neste artigo proponse unha metodoloxía fundada no deseño de itinerarios de aprendizaxe baseados nas intelixencias múltiples de H. Gardner e os diferentes niveis cognitivos da taxonomía de Bloom para adaptar a didáctica do ensino da táboa periódica a estudantes con TDAH, TEA e dislexia. Os resultados dunha experiencia piloto con futuros profesores de secundaria de ciencias experimentais suxiren que esta metodoloxía pode servir para a implementación concreta de modelos educativos baseados no deseño universal de aprendizaxe (D.U.A.) no ensino de ciencias en secundaria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus