Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Proxecto sobre a ornitoloxía co alumnado de educación primaria

    1. [1] CEIP Plurilingüe de Cedeira
  • Localización: Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 37, Nº. 97, 2024, págs. 207-214
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A observación atenta e pausada é unha práctica pouco frecuente nas nosas escolas porque levamos un ritmo demasiado frenético como para pararnos en pequenos detalles. O mesmo ocorre co contacto do alumnado coa contorna exterior. Este proxecto de aprendizaxe é unha oda á importancia de gozar da contorna de Cedeira en Redondela, en concreto das aves, recoñecelas, observalas, coñecer as súas formas de vida como camiño cara ao respecto e coidado das mesmas.

      Tal e como se indica nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), a ciencia é fundamental para a consecución dun mundo máis sostible, igualitario, xusto, saudable,…Precísanse métodos para traballar as ciencias na escola que permitan ao alumnado resolver problemas contextualizados no mundo real.

      É por este motivo que decidimos levar a cabo un proxecto co alumnado de segundo curso de educación primaria no Ceip Plurilingüe de Cedeira, un pequeno centro rural de Redondela.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno