Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Por que non caen as nubes? Por que chove cando chove?: Que condicións físicas determinan o momento da choiva?

José María de la Viña Varela

  • Chama poderosamente a atención que se nos paramos a reflexionar sobre o peso dunha gota de auga, e o peso dun mesmo volume de aire circundante, como se pode explicar, como comprender que a pinga de auga no caia ó chan inmediatamente? Nas miñas clases de EXB e BUP tiña por costume buscar exemplos cotiás, que estando ó noso redor, desen conta dos múltiples exemplos que nos proporciona a Natureza de comportamentos, que poden ser explicados pola Ciencia, e que, por tanto, teñen un interese inmediato nas disciplinas de Física, Química e Matemáticas, para explicar dito comportamento. Tal é o caso de por que non caen as nubes, pero tamén teño falado de por que o ceo é azul, por que os planetas son redondos a partires dun certo tamaño, por que non caen os habitantes que están “abaixo” (no hemisferio Sur), por que os paxaros non se electrocutan ó pousar sobre as liñas de alta tensión, por que o ceo se pon vermello na saída e na posta diaria, e así máis exemplos que non poño aquí por extensión. Buscando unha explicación de contido científico, comecei a pescudar en Internet sobre unha explicación convincente de por que non caen as gotas de auga dunha nube, e mesmo como se forma. Para miña sorpresa non atopei ningún artigo que abondara neste campo; dando, en ocasións, explicacións case absurdas e moi pouco convincentes, cando non eludindo unha explicación máis rigorosa.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus