Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Postimpresionismo, furanchos e o principio de Le Châtelier

Ángel Vidal Vidal

  • O uso maxistral da cor amarela na obra de Vincent van Gogh serve como fío condutor dunha secuencia de ensino-aprendizaxe baseada en traballos prácticos. Búscase que os alumnos exploren o binomio arte-ciencia mediante a indagación da relación existente entre os pigmentos que se empregan para crear obras de arte pictóricas e os fundamentos científicos e técnicos detrás destas substancias. Mediante actividades prácticas de laboratorio abórdase a degradación dalgúns pigmentos de obras postimpresionistas e reflexiónase como a química detrás dunha obra pode condicionar todo o proceso dende a súa creación ata a súa conservación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus