Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Pensamento futuro para facer fronte ás pandemias na aula de ciencias

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 37, Nº. 97, 2024, págs. 127-137
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • As habilidades relacionadas co pensamento futuro resultan fundamentais para afrontar diversos retos socio-científicos de xeito consciente e responsable. Este tipo de pensamento debe orientarse cara a acción socio-científica, é dicir, debe servir para que o alumando tome decisións individuais e colectivas en relación con diversos retos socio-científicos. Por tanto, trátase dun aspecto que debe ser traballado nas aulas de ciencias de Educación Secundaria como parte da formación integral do alumnado. A pandemia de COVID-19 constitúe un contexto real e próximo ó alumnado ideal para o desenvolvemento do pensamento futuro. Neste traballo analizamos o tipo de pensamento temporal que posúe un grupo de estudantes de Bioloxía de 3º de Educación Secundaria en relación coa pandemia de COVID-19. Os resultados indican que a metade dos estudantes posúen evidencias de pensamento retrospectivo e presente en diversos graos de desenvolvemento. Ademais, a maioría dos estudantes mostraron pensamento prospectivo ou futuro. Análise global do tipo de pensamento (retrospectivo + prospectivo) evidenciou que a metade dos estudantes posúen só un tipo de pensamento temporal (retrospectivo ou prospectivo), mentres que unha minoría mostrou pensamento temporal completo. Estes resultados evidencian a necesidade de traballar o pensamento temporal e, especificamente, o pensamento futuro en relación con cuestións biolóxicas complexas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno