Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Bioinorgánica, os elementos inorgánicos na química da vida

Manuel R. Bermejo Patiño, Ana María González Noya, Marcelino Maneiro Maneiro, Rosa Pedrido Castiñeiras, Laura Rodríguez Silva, Ánxeles Sánchez González

  • A Química Bioinorgánica representa a disciplina emerxente da ciencia que estuda o papel que xogan os elementos inorgánicos en medios biolóxicos. Os elementos químicos inorgánicos inciden nos organismos vivos por múltiples vías. Nalgúns casos son esenciais para o desenvolvemento de funcións vitais dos organismos, ao estar presentes de forma natural en diferentes metaloproteínas ou sistemas claves de diversos procesos fisiolóxicos. Algúns elementos teñen unha natureza tóxica, provocando danos nos seres vivos, outros elementos son chave na síntese de principios activos con actividade farmacolóxica, xa sexa con fins de terapia ou de diagnose.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus