No XXXVI Congreso de ENCIGA, celebrado en Xinzo da Limia, tivemos unha sesión titulada “Anxo Freire: Memoria de ENCIGA”, na que fixemos un acto recordatorio do noso amigo. Este acto queriamos que, representado no Anxo Freire, fora unha homenaxe do noso colectivo a tod@s cant@s compañeir@s xa non están hoxe con nós; pero que construíron, con tod@s nós, a nosa Asociación.
Como moitos dos compañeiros da nosa Asociación, non puidestes asistir a este acto, quero presentarvos, nesta “IN MEMORIAN”, unha semblanza do que, para min a para moitos de nós, representa a vida do noso Anxo en relación coa nosa Asociación. Considero que, a mellor loubanza que podo realizar da súa vida é analizar cal, canto e como foi o seu compromiso con ENCIGA. Presentar en que maneira dedicou unha parte importante da súa vida a traballar por e para ENCIGA e tamén, como non, canto desfrutou da vida en común que nos ofrece a nosa Asociación nos seus Congresos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados