Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Equívocos da entropía en termodinámica, cosmoloxía e bioloxía

  • Autores: Constantino Armesto Ramón
  • Localización: Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 36, Nº. 95, 2023, págs. 257-264
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A entropía é unha magnitude física ligada ao segundo principio da termodinámica; principio que testemuña que os procesos naturais son irreversibles: ninguén viu o suceso contrario a un prato roto, a un ovo batido ou a unha explosión; a segunda lei establece que a entropía dun sistema illado nunca decrece, no mellor dos casos permanece invariable, habitualmente aumenta. Cabe argumentar que é a lei física que máis se usa fóra da física; non obstante, cométense algúns erros no seu uso: concretamente, ao facer cálculos termodinámicos en procesos irreversibles, ao identificar a entropía coa desorde, ao esquecerse que a información consume entropía, en fenómenos astronómicos nos que debe terse en conta a gravidade e nos seres vivos. Os estudantes de ciencias estudan por primeira vez este fundamental concepto no bacharelato (16-18 anos); o seu significado debe ser ben matizado para que, en cursos superiores, preconceptos erróneos non obstaculicen a súa plena comprensión. Vou comentar cada unha das fontes de erro con máis detalle.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno