Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Achegamento á detección de ideas previas en Primaria

Jessica Rodríguez Piñeiro

  • Este traballo aborda a importancia da detección das ideas previas nos proxectos de ciencias da natureza en Educación Primaria (EP). De acordo cos paradigmas construtivista e socioconstrutivista, a avaliación das ideas previas do alumnado é primordial de cara a xerar novas aprendizaxes. Cómpre que o profesorado sexa capaz de identificar as ideas previas do alumnado co obxectivo de deseñar estratexias de ensino e aprendizaxe adecuadas. Despois dunha investigación bibliográfica, recollemos estratexias e instrumentos que permiten analizar ideas previas en proxectos relacionados con ciencias da natureza, deseñamos algúns para poñer en práctica nunha aula de EP reflexionando sobre a súa eficacia, valor e impacto a través das respostas do alumnado, os seus debates e diálogos na aula, a interacción profesorado- alumnado e as anotacións do profesorado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus