Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Arquivos familiares e persoais: a práctica do Arquivo do Reino de Galicia

Gabriel Quiroga Barro

  • English

    The Archives of the Kingdom of Galicia has an assorted body of personal and family papers, which is,in its main part, the product of a adquisition policy which began at the firsts years of the last quart ofTwenty Century. Almost the half of these fonds came into de Archives by donation, legacy or “comodato” system of deposit.In this work, we are not so as interested in giving a detailled description of these fonds as talking aboutthe experience developed in the Archives for along more than 40 years into identification and description of them. This experience is in debt with the precursor work of Olga Gallego and other Spanish,French and Portugaise archivists but it doesn´t reject nor the conceptual renovation which meant theprofessor Malheiro da Silva´s works in Portugal neither the contributions of the authors who are working about the meaning and the contribution of these kind of archives “in creating and manteiningmemories, communities, and identities”.What this experience shows is that, over a flexible aplication of a simple clasification escheme like OlgaGallego´s model, we can make different approaches to a variety of fonds, where genealogy is not theonly way to organize the records. By the contrary, there are other factors so important as it. One ofthem is the concept of “function”, which add value to records context, or the notion of “house” or“estate”, conceived as the diverse economic units a singular family have received (and it can manage)by heritage, wedding or so on along its history.

  • galego

    O Arquivo do Reino de Galicia reúne un variado conxunto de fondos de carácter persoal e familiar,froito a maior parte deles dunha activa política de adquisicións iniciada a comezos do último cuarto doséculo XX. Case a metade deses conxuntos ingresaron por doazón, legado ou depósito en réxime decomodato.Neste traballo non se pretende tanto dar conta detallada destes fondos coma expoñer a experienciadesenvolvida no Arquivo ao longo de máis de 40 anos para a súa identificación e descrición. Experienciaque reivindica a achega do traballo precursor de Olga Gallego e doutros arquiveiros españois, francesesou portugueses, sen pecharse á renovación conceptual que nos últimos anos se produciu por obra doprofesor Malheiro da Silva en Portugal ou doutros autores que están a traballar para afondar no significado e a achega cultural destes arquivos “para crear e manter memorias, comunidades e identidades”.O que amosa esa experiencia é que, a través dunha aplicación flexible do cadro de clasificación proposto por Olga Gallego Domínguez, podemos facer diferentes aproximacións á identificación e descricióndunha variedade de fondos documentais onde a xenealoxía non constitúe o único medio para organizar os documentos. Pola contra, existen outros factores, como o concepto de “función”, que achegavalor ao contexto dos documentos, así como a noción de “casa”, concibida como as diferentes unidadeseconómicas que unha familia singular recibiu (e xestiona) por herdanza, matrimonio ou calquera outrosistema ao longo da súa historia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus