Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Hemeroteca non é un nome feminino. A opinión das mulleres na prensa galega no ano 2018

Tamara Montero

  • galego

    Os xéneros de análise nos medios de comunicación serven para dar contexto á información que se produce cada día. Dentro destes, a opinión serve como unha guía interpretativa e tamén é quen de crear máis opinión. A asociación Xornalistas Galegas fixo no ano 2019 un estudo que rematou por cristalizar na reportaxe As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións, unha análise pormenorizada sobre a presenza de sinaturas femininas nos artigos de opinión dos principais diarios galegos ao longo do 2018. Analizáronse os xornais galegos con maior difusión segundo o Estudio General de Medios (EGM): La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e La Opinión A Coruña. Escolleuse ter en conta só as versións impresas, deixando a un lado os asinados con pseudónimo. Tampouco se tiveron en conta,os editoriais ou pezas que pertencen ao xénero opinativo que non levan sinatura. Non se tiveron en conta as seccións locais, os especiais nin os suplementos. O resultado foi que por cada muller que opina, hai sete homes.

  • English

    The analysis articles serve to give context to the information that is produced every day in the newsrooms. Among them opinion articles is a guide to interpretation but it also creates public opinion. The “Xornalistas Galegas” association elaborated an study in 2019 that ended up shaping: “As mulleres na opinion: un elefante rosa no medio das redaccións”, a close inspection on the presence of female opinion writers in main galician newspapers in 2018, according to the “Estudio General de Medios” (EGM): La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, Diario de Pontevedra and La Opinión A Coruña.

    We chose to take under consideration just the printed versions and to cast aside the ones signed under a pseudonym or the ones not being signed. We ignored the supplements to the journals and the articles under the local section. As a result we found out that for each female authorship article there were seven written by men.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus