Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Actividades de ocio para discapacitados sensoriais visuais

Mónica Alonso

  • Por discapacitados sensoriais visuais entendemos cegos. A discriminación deste colectivo vai máis alá da súa discapacidade física; desenvolven unha cultura propia, distinta ós «válidos», por iso as valoracións poden ser distintas.

    Atendemos a dous tipos de actividades culturais (excluíndo o deporte, onde as paraolimpiadas, ó amparo da familia Kennedy, son referencia): aquelas nas que estes colectivos se presentan como espectadores (deben facerse accesibles ós medios de comunicación) e aquelas nas que son partícipes (actividades que desenvolven).

    Débese acabar con varios mitos: os discapacitados sensoriais só teñen limitacións nese sentido (as de educación e as barreiras de comunicación son engadidas), nin tampouco por non posuír un sentido desenvolven outros (fóra do maior exercicio).

    Non obstante, realizan actividades insólitas. Neste traballo recollemos unha moi rechamante, o teatro para cegos. Lévano a cabo baseándose noutros sentidos ó carácter dun fundamental, é evidente, xa que por definición os cegos non poden ver (se ben poden ter restos apreciables).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus