Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Lecturas da paisaxe da auga, valores histórico-artísticos e transformación: A presa de Eiras

María del Pilar Coto Orge

  • Ligada ós ríos existe unha particular lectura da paisaxe da auga en canto á arte,patrimonio histórico-artístico e cultural. Cando se crean encoros nos cauces fluviaisxérase unha nova lectura. Centrarémonos no caso da presa de Eiras e no río Oitavén.Existen neste caso manifestacións artísticas e culturais ligadas ó río que preceden áconstrución do embalse. O Sendeiro das Greas é o mais longo dos de Gran Recorridode Galicia. Neste sendeiro atópase o Monte da Cidade, poboado que aproveita unanterior asentamento castrexo no que é relevante a Ponte dos Mouros.Debido á construción do embalse a paisaxe sofre unha transformación antrópica coaconformación de novas paisaxes, como a construción dunha estrada e unha ponte. Araíz da creación da presa xorde a Senda da Auga, que percorre o cañón do Oitavén.Igualmente, a presa levou á perda do pobo de Eiras e do patrimonio culturalhidráulico constituído por muíños e pontes, parte dos cales quedaron somerxidos.Estanse levando a cabo melloras do aproveitamento hidráulico coa creación dunhaminicentral eléctrica.En conclusión, configúranse en torno ó río Oitavén e encoro de Eiras paisaxes da augaque precisan unha posta en valor ecolóxico, histórico-artístico e cultural


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus