Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Inventario e Estudo de Infraestruturas hidráulicas tradicionais carácter industrial en Galicia

Roberto Arias Sánchez, Olalla Mosquera Barreiro, Laura M. Garrido Fernández, Jorge Núñez Ares

  • O obxecto da proposta é a realización dun inventario e estudo de infraestruturas hidráulicas tradicionais de carácter industrial (muíños, fábricas de papel, centrais hidroeléctricas, curtidoiros, forxas, serradoiros, batáns, etc.) de Galicia. Os obxectivos xerais foron: Resaltar a importancia da preservación das instalación hidráulicas de tipo industrial abandonadas, para poner en evidencia a existencia dunha entidade cultural tanxible no medio ambiente que nos rodea. Contemplar, no marco do valor testemuñal que relaciona o pasado co presente, a arquitectura ligada ós usos da auga como valores desenvoltos no tempo dentro de un proceso histórico, e que aínda poden selo no futuro. Inventariar e clasificar aquelas infraestruturas que constitúan testemuñas documentais da naturaza histórica, sociolóxica, arquitectónica, artística, científica ou técnica e segundo criterios de autenticidade, calidade e orixinalidade. Estes obxectivos sintetízanse na proposta da seguinte forma: Identificación e localización das infraestructuras hidráulicas a clasificar (a partir de fontes documentais e consulta a concellos) Investigación de antecedentes históricos Descrición da instalación en desuso (información xeral, tipoloxía, descrición, estado de conservación, utilización actual, etc.) e valoración da potencialidade de posta en valor (actuacións necesarias de consolidación, preservación, conservación e restauración) Documentación gráfica de cada infraestructura inventariada


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus