A publicación das Instrucións Técnicas de Obras Hidráulicas en Galicia (ITOHG) (elaboradas por persoal do GEAMA!UdC e do Ente Empresarial Augas de Galicia) no ano 2009, define a guía de estrutura e contido correctos dos proxectos que son tramitados polo Ente Empresarial Augas de Galicia. UTE Supervisión Coruña Lugo, constituída polas empresas SGS Tecnos, S.A. e Adantia, S.L., é a adxudicataria das labores de supervisión técnica e ambiental, sobre a base das ITOGH, dos devanditos proxectos no ambito das provincias da Coruña e Lugo dende o ano 2010 ata a actualidade, proporcionando apoio técnico á Subdirección Xeral de Programación e Proxectos de Augas de Galicia. A revisión neste periodo de máis de 250 documentos, entre Estudos Informativos, Anteproxectos, Proxectos Construtivos, Proxectos Modificados, Proxectos Complementarios e Documentos Ambientais, permite apreciar a progresión na consecución dos obxectivos marcados polas ITOHG nos proxectos promovidos por Augas de Galicia. Preséntanse resultados representativos do grao de consecución dos obxectivos marcados e indicadores de cumprimento das Instrucións Técnicas.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados