Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Descifrando los grandes temas de la cultura: Renovar o enfoque cunha perspectiva tematolóxica na materia de Lingua Castelá e Literatura

Breogán Antón Martínez Vila, Laura Pereira Domínguez

  • Este artigo explica o traballo detrás do proxecto “Descifrando los grandes temas de la cultura”, realizado tras a concesión dunha licenza por formación no curso 2023/24. O proxecto consistiu na creación de oito ODE para a utilización no cuarto curso da ESO da materia de Lingua Castelá e Literatura e propón un enfoque innovador da disciplina a través da integración da literatura comparada e da tematoloxía (e afastado, polo tanto, do tradicional eixe cronolóxico). Neste artigo ofrecemos algunhas ideas para os docentes interesados en promover unha educación literaria e lingüística máis inclusiva e dinámica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus