O autoconcepto e a autoestima son elementos determinantes para o desenvolvemento social, profesional e persoal do ser humano e para o afianzamento do sentido da propia identidade. Nese proceso de construción xogan un papel fundamental os referentes. A escola ten o compromiso de proporcionar unha educación íntegra e igualitaria, exenta de nesgos por razón de xénero. O proxecto Mulleres en xogo nace como unha necesidade de poñer en valor referentes femininos en distintos ámbitos da nosa contorna. Está vinculado ao Plan Proxecta Donas de Si que se implementou no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes no curso 2022/23. O proxecto, de carácter internivelador e interdisciplinario, foi galardoado con dous premios: primeiro premio na terceira categoría no Concurso de Carteis do 8M 2023 da Xunta de Galicia e o Premio Meninas 2023 do Ministerio de Igualdade polo proxecto intercentros co IES Ánxel Fole.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados