Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A memoria das palabras: Un proxecto de innovación educativa que indaga sobre o léxico patrimonial da Fonsagrada

Noemi Basanta Llanes

  • Neste artigo preséntase un proxecto innovador no ámbito educativo cuxo obxectivo é investigar e promover o léxico patrimonial da comarca da Fonsagrada, coa finalidade de estimular o uso da lingua galega e fortalecer o diálogo coa comunidade local. Descríbese a experiencia didáctica levada a cabo polo IESP Fontem Albei durante o ano lectivo 2022/23. Inclúese unha breve análise sociolingüística para contextualizar os obxectivos do proxecto e detallar as accións realizadas, así como os resultados obtidos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus