Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Xogo e xoguetes STEM nas aulas e nos espazos de educación infantil: Análise con perspectiva de xénero

  • Autores: Cristina Pérez Carmuega
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 87, 2024
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O xogo e o xoguete teñen cada vez máis consideración no ensino das ciencias por contribuír ao desenvolvemento da competencia tecnocientífica e por favorecer a comprensión da contorna natural (Barria et al., 2021). Na actualidade, o uso do xogo para a aprendizaxe das tecnociencias na etapa de educación infantil (EI) é un tema emerxente (Fernández-Oliveras e García Pete, 2015), cómpre usalos co alumnado desta etapa para favorecer o desenvolvemento da competencia STEM. Diversos estudos indican que cómpre usar xogos e xoguetes non sexistas para rachar cos estereotipos de xénero. A escola debe ser un elemento transformador que fai autocrítica constante e revisa os seus recursos (Reinoso e Hernández, 2011). Así pois, debemos analizar a presenza de xogos e xoguetes STEM nas aulas e nos diferentes espazos da escola e facelo desde unha perspectiva de xénero. Nesta liña, desenvolveuse unha investigación baseada nun paradigma exploratorio, descritivo e interpretativo e concluíuse que é necesario intervir para incorporar xogos e xoguetes STEM con perspectiva de xénero nos espazos das aulas de EI.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno