Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Benedicta Sánchez: a humildade en persoa

  • Autores: Chelo Vázquez Castro
  • Localización: Corga: revista anual do Centro de Estudos do Corgo, ISSN 2171-6013, Nº. 7, 2020, págs. 36-45
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este artigo trata de contar, fundamentalmente a todos os lectores e lectoras, a experiencia vital dunha veciña que leva percorrendo o mundo durante un feixe de anos e que regresou a O Corgo, para quedarse definitivamente no 2007.

      O Centro de Estudos de O corgo ten interese en que a veciñanza corguesa coñeza, aínda que sexa lixeiramente, a traxectoria desta muller humilde, cercana, excepcional, adiantada ao seu tempo… Benedicta non se sinte unha estrela, aínda que a recoñezan pola rúa… É moi xenerosa, sempre disposta a colaborar cando se solicita a súa presenza e moi agradecida, como di sempre:

      Estou encantada de sentirme útil e poder axudar, non ser un estorbo.

      Benedicta é unha persoa que ama a natureza por encima de todo, abraza as árbores para cargarse de enerxía, síntese moi relaxada e tranquila rodeada de animais, por algo pensa que non é necesario matalos para poder vivir, que contamos con suficientes alimentos para garantir unha alimentación saudable. De feito é vexetariana dende o ano1953.

      Benedicta é, como moi ben escribiu Diego Ameixeiras “señora de cabelos prateados, lentes trotskistas e muiñeira imprevisible, arregada polo tempo, enérxica na calma e serena na dúbida”


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno