Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Apuntamentos biográficos de Enrique Casanova

Chelo Vázquez Castro, Mario Outeiro Iglesias

  • Este artigo trata de compartir, fundamentalmente con todos/as os/as corgueses/as, os trazos vitais dunha persoa humilde, coherente, apaixonada nos seus ideais, íntegra e desinteresada que destacou en numerosos ámbitos non só a nivel municipal, senón tamén a nivel comarcal, pola súa dedicación ao monte galego, á política, ao sindicalismo e ao asociacionismo de toda índole. Unha persoa que antepuxo sempre os intereses de Galiza e dos/as galegos/as aos seus propios, que tiña os pés na terra como as árbores autóctonas que polo seu traballo protexía, pero a “ialma” no bico do Mostallar para enxergar sen miopía a súa Ítaca.

    Sen ser do Corgo, non existen moitas persoas que levaran o concello tan dentro de si coma el. Dende que se asentou na chaira corguesa non parou ata coñecer o último recuncho, do Muíño de Andrés a Reconco, e do Castro de Vigo a Chamoso, e a súa implicación foi medrando co coñecemento dos múltiples problemas estruturais do noso concello pero tamén dos pequenos e grandes problemas que afectan á súa veciñanza. É por iso que era de xustiza reclamar, cando se cumpría un ano do seu falecemento, o título de Fillo adoptivo para unha persoa que o deu todo en vida sen reclamar absolutamente nada a cambio.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus