Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Xesùs de Xorxe.: O entroido de Queizán e outras cantigas

Xurxo Xosé Rodríguez Lozano

  • Jesús Rodríguez Álvarez (Xesús de Xorxe) foi un mestre de Queizán que, malia finar moi novo, tivo moitas e variadas vivencias na súa curta vida.

    Este artigo pretende adentrarse, en primeiro lugar, nos feitos máis relevantes da súa biografía, para centrarse despois nas cantigas de entroido da súa autoría, que motivan esta publicación, e algunhas outras que foron agromando pouco a pouco nunha procura que me levou certo tempo porque moitas non apareceron nunha primeira inmersión entre os seus papeis.

    Publicamos, pois, os orixinais das cantigas de entroido xa coñecidas, porque formaron parte dalgúns libriños que Lois Ladra popularizou para o proxecto Corgoral, engadindo novas achegas.

    Aparecen despois outras coplas e cancións diversas. Unhas teñen que ver co Entroido de Gracián (Castroverde), aldea situada a carón do Chamoso, como Queizán. Outras presentan unha temática diferente (A romaría de San Brais de Uriz, A fonte de Gracián ou O salto da ra).

    Que se saiba, non se ten noticia doutras coplas ou cantigas compostas por autores do Corgo nos anos corenta e cincuenta, así que parece de xustiza que se conserven como patrimonio inmaterial do concello


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus