Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Pontes históricas do Corgo

  • Autores: Xosé Enrique Casanova Sánchez
  • Localización: Corga: revista anual do Centro de Estudos do Corgo, ISSN 2171-6013, Nº. 4, 2013, págs. 32-39
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Dende logo sería imperdoable que nunha publicación como é a revista CORGA non fixeramos referencia ou aparecera algún traballo relativo ás pontes, e máis concretamente as pontes do Corgo, cando o propio logotipo do CEC (Centro de Estudos do Corgo), ten de fondo a silueta,os trazos dunha ponte. Así mesmo, na portada da primeira edición da CORGA do ano 2010 aparece a foto dunha das pontes do Corgo, a ponte de Galiñeiros.

      Por outra banda o concello do Corgo, cruzado por tantos ríos, mantén unha ligazón histórica coa auga, tanto pola súa localización fisico-xeográfica como pola súa evolución histórica, ligado ao enraizamento etimolóxico-toponímico. Así pasou de formar parte do amplo condado de “Flammoso” que evolucionou ao de “Chamoso”, nome precisamente dun dos ríos que atravesa o noso concello, ou o propio nome actual Corgo que tamén está ligado a auga,(corgo-corga) e de aí tamén o nome da revista CORGA; incluso o actual escudo do concello está atravesado polo trazado dun río; en fin son moitas as referencias e motivos polo que o Corgo está ligado á auga dos seus ríos, sendo pois de xustiza facer unha referencia ás pontes de características máis singulares existentes nos noso territorio.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno