O acontecido a principios de setembro de 1886 na Coruña será un exemplo dos motíns contra o pago do imposto de consumos. Neses días houbo tres mortos, varias ducias de feridos, máis dun cento de detidos, moitas manifestacións disoltas pola forza, destrozo de todas as casetas de cobro do imposto, rotura da maioría dos farois de alumeado público, folga dos labregos, leiteiras, carniceiros que fornecían á cidade de alimentos de primeira necesidade, desabastecemento dos mercados e declaración do estado de guerra en toda a provincia durante unha semana.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados