Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Escenas de caza nos petróglifos galegos e portugueses

  • Autores: Xosé Lois Vilar Pedreira
  • Localización: Revista de Estudos Miñoráns, ISSN-e 2340-2644, Nº. 12-13, 2014, págs. 119-134
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Na fachada atlántica galega e do norte portugués sabemos, polo momento, dunhas 3000 superficies con gravados rupestres nas que aparecen representados motivos abstractos (circos, espirais, labirintos, coviñas, reticulados, liñas, ...) e un grupo minoritario de motivos que chamamos figurados ou naturalistas no que agrupamos equitación, armas e escenas de caza. Sobre estas últimas queremos chamar a atención xa que as fontes bibliográficas citan oito, ducia e media, unha vintena delas; nós imos tratar máis de corenta superficies, unhas máis simples e outras máis complexas, cunha iconografía común entre Laxe (A Coruña) e as pinturas megalíticas da Orca dos Juncais na zona de Viseu. É sempre caza de cervo macho, decote cunhas cornas esaxeradas e ás veces o falo sinalado. O cazador é un home cos brazos abertos, exhibindo as armas, a pé ou dacabalo, xotando, acosando o cervo, coa axuda de cans, o apoio de trampas e excepcionalmente coa presenza de ídolos cilíndricos e armas. En definitiva unha linguaxe gravada en rochas inclinadas ou verticais así emprazadas para seren vistas, así gravadas en pedra con afán de perdurabilidade, así con ese contido iconográfico para transmitir o concepto de poder, status, dominio, preponderancia do mundo masculino a través da caza e sometemento do cervo macho como un dos animais máis potentes da natureza galega. Quizais un animal totémico.

      No Val Miñor, no Outeiro dos Lameiros, na cara de Sabarís, temos o maior panel de arte esquemática da Península Ibérica con máis de sesenta animais representados nunha escena de caza, na única de Galicia na que non temos claro que cacen o cervo macho pola ausencia de cornas e a presenza de colas espesas. Cabalos?

    • English

      There are about 3000 surfaces with rock art in the Atlantic Galician area and northern Portugal. They show abstract motifs such as ring and reticulated ones, spirals, labyrinths, cups, lines ... and a minority group of naturalistic style where we cluster horsemanship, weapons and hunting scenes. We would like to stand out the bibliographical information about the last ones because some authors quote eight, others a dozen and a half and some others about twenty. We are going to deal with more than forty surfaces. Some of them simpler and others more complex with a common iconography between Laxe (A Coruña) and the megalithic paintings in Orca dos Juncais in the area of Viseu. It is usually the hunting of a male-deer with exaggerated antler and sometimes they engrave the phallus. The hunter is a man with outspread arms displaying weapons, hounding or deerstalking being helped by dogs, sometimes with traps and exceptionally with the presence of cylindrical idols, and weapons. In short, engravings in leaning or vertical rocks located to be seen in their eagerness of perpetuity, with that iconographic content to pass on the idea of power, status, authority, superiority of the masculine world through the hunting and subjugation of maledeers as one of the most powerful animals in Galician nature. Perhaps a totemic a


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno