Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudo sedimentolóxico en poboacións de Zostera noltii Hornem. da Guarda e A Ramallosa

  • Autores: Susana Misa Villar, Juan Hermida
  • Localización: Revista de Estudos Miñoráns, ISSN-e 2340-2644, Nº. 23, 2023, págs. 14-30
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      As pradarías mariñas son un importante elemento dos ecosistemas mariños costeiros, realizando funcións como o mantemento do equilibrio sedimentario litoral ou participando no proceso de remineralización aerobia de carbono. A pesar da súa importancia, nos últimos anos acadaron perdas de ata o 7% do territorio que ocupaban, principalmente a consecuencia de actividades humanas. Unha das especies que conforma estas pradarías, abundante na costa galega, é Zostera noltii, a cal habita en zonas estuariñas onde só se ve somerxida durante as preamares e é moi sensible a posibles cambios sobre o sedimento no que se asenta. Dúas das poboacións galegas de Zostera noltii atópanse na Guarda e na Ramallosa, sendo esta de moito maior tamaño que a anteriormente mencionada. Estudouse o grao de exposición á marea de ámbalas poboacións e caracterizouse o substrato no que habitan, incluíndo a súa análise granulométrica, así como a determinación do contido en bioclastos e materia orgánica. Os resultados indican a existencia de diferenzas tanto no grao de exposición á marea como no contido de materia orgánica e o tamaño de gran do sedimento

    • English

      Seagrass meadows are an important element of coastal marine ecosystems, performing functions such as maintaining coastal sedimentary equilibrium or participating in the carbon aerobic remineralization process. Despite their importance, in recent years they have achieved losses of up to 7% of the territory they occupied, mainly as a result of human activities. One of the species that makes up these prairies, abundant on the Galician coast, is Zostera noltii, which inhabits estuarine areas where it is only submerged during pleamares and is very sensitive to possible changes over the sediment in which it sits. Two of the Galician towns of Zostera noltii are located in A Guarda and A Ramallosa, this being of much larger size than the one mentioned above. The degree of exposure to the tide of both populations has been studied and the substrate in which they inhabit has been characterized, including their grain size analysis, as well as the determination of the content in bioclasts and organic matter. The results indicate differences in both the degree of tidal exposure and organic matter content and the sediment grain size.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno