Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Un novo coro ao vello modo. Cantares do Brión

  • Autores: Xoán Colazo Pazó
  • Localización: Revista de Estudos Miñoráns, ISSN-e 2340-2644, Nº. 20, 2020, págs. 241-254
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O coro Cantares do Brión xorde no presente século en Vincios ao estilo dos vellos coros galegos. Tan serodio acontecemento dá pé a pescudar na orientación, contexto e evolución que tivo o movemento coral das primeiras décadas do século XX, impulsado polas Irmandades da Fala. Estas entendían a tradición como un piar básico na toma de conciencia da nación e por seren os coros galegos un instrumento de dignificación da música tradicional, da lingua e da personalidade de Galiza. O repaso da traxectoria do Coro Galego Cantares do Brión leva a contrastar as semellanzas e diferenzas cos seus antecedentes de cen anos antes, e a reflexionar sobre a vixencia da tradición e as varias maneiras de entendela, que Cantares do Brión resolve no sentido de algo non fosilizado e estático senón de xeito ben enraizado pero aberto e acorde cos tempos actuais. O compromiso inequívoco coa lingua galega, coa instrumentación tradicional, con aspectos de avance social referidos aos roles de xénero ou a protección do ambiente e a incorporación ao repertorio de poesía non estritamente popular son características deste coro.

    • English

      The Choir Cantares do Brión appears in Vincios, in this century, in the style of earlier Galician choirs. Such a late event leads us to research the focus, the context, and the evolution of the choir movement in the early decades of the XX Century, which had been promoted by Irmandades da Fala. This organisation deemed tradition as a cornerstone in the national awareness, and Galician choirs as an instrument for the promotion and dignification of the traditional music, the language and the national character of Galiza. The review of the story of Coro Galego Cantares do Brión leads us to compare and contrast its differences and similarities with their predecessors one hundred years ago. This also leads us to reflect on the validity of tradition, and the several different ways to understand it. The Choir Cantares de Brión solves this issue by not being fossilized and static, but deeply rooted, open-minded, and in compliance with these day and age instead. Some definite characteristics of this choir are the unequivocal commitment to the Galician language, the traditional instrumentation, some aspects of social progress related to gender roles, the protection of the environment, and the addition of non-strictly popular poetry to their repertoire, as well


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno